Actividades para todos no Outono Cultural de Bóveda

O creador lucense Rubén Pérez crea Señor López Producións

A programación deseñada para o Outono Cultural polo Concello de Bóveda arrancou cun obradoiro de robótica para cativos de 9 a 12 anos na Biblioteca municipal. Todas as actividades teñen aforo reducido, polo que hai que reservar praza.

TEATRO PARA TODOS
A axenda segue no Centro Sociocultural o venres 16, coa obra «Nenas, moi valentes», a cargo da compañía Trémola Teatro, a partir das 16:30 horas. A peza vai destinada ao público en xeral.

HOMENAXE EN CONTOS A CARVALHO CALERO
O venres 23 de outubro, tamén ás 16:30, Marta Ortiz renderá unha homenaxe a Carvalho Calero a través de contos da tradición oral galega e lusófona, coa intención de poñer en valor a irmandade lingüística entre Galicia, Portugal e toda a lusofonía.

BAILE E MÚSICA PARA CATIVOS E ADULTOS
No mesmo venres, a partir das 20:30, haberá un «obradoiro movido» para combater o tedio semanal cunha entretida fórmula a base de música, bailes e xogos tradicionais. O obradoiro «Cóntoche un baile» é unha actividade pensada para que desfruten xuntos os cativos e os adultos.
O sábado 31 de outubro, dende as 18:00 horas, celebrarase o Magosto de Teatro «A viaxe do Sr. López» para público familiar a partir de 6 anos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Continúa o Outono Musical en Chantada

Seguinte Nova

Nova edición do certame Fotoxénica – Mente

A %d blogueros les gusta esto: