Comezan as obras para construír a glorieta no cruce de Bóveda

Deste xeito, a condución será máis segura e fluída no punto de confluencia das estradas autonómicas LU-652 e LU-546

A comezos deste mes, a Xunta arrancou os traballos de construción dunha nova glorieta no cruce das estradas LU-652 e LU- 546, en Bóveda. O proxecto licitouse por importe de 212.000 euros, cun prazo de execución de seis meses.

MÁIS SEGURIDADE E FLUIDEZ NO TRÁFICO RODADO E DE PEÓNS
Os responsables autonómicos sinalaron que este proxecto busca mellorar a seguridade viaria neste punto, ao tempo que se favorece a circulación de vehículos e peóns por esta zona.

SAÍDAS DUN SÓ CARRIL
Dende a Xunta precisaron os detalles desta obra, que dará lugar a unha rotonda de 21 metros de diámetro interior e 41 de exterior. Os accesos e saídas serán dun único carril, mentres que a plataforma da glorieta terá dobre carril de catro metros e beiravías de un metro de anchura.

XIRO PARA ACCEDER AO PARQUE EMPRESARIAL, E UN PASO DE PEÓNS CON SEMÁFORO
O proxecto inclúe un acceso dende a glorieta ao camiño de servizo que hai na marxe esquerda da estrada Lugo-A Pobra do Brollón. En dirección a esta mesma poboación, a glorieta permitirá un xiro á esquerda coa finalidade de dar entrada ao parque empresarial de Bóveda.
Así mesmo, a seguridade dos camiñantes vaise mellorar coa instalación dun paso de peóns accionado mediante semáforos. O conxunto completarase coa sinalización correspondente, para dar continuidade á rede peonil que xa existe nesta contorna.
Por último, o proxecto rematará co repintado de marcas viarias, balizamento e defensas, e a recolocación da farola existente, que irá situada no centro da rotonda. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezou o arranxo do firme na estrada que vai do núcleo urbano de Monforte á parroquia de Chavaga

Seguinte Nova

Quiroga inaugurou por fin o Centro de Día no barrio da Ribeira

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

     
A %d blogueros les gusta esto: