Nova edición do certame Fotoxénica – Mente

Ata o 12 de xaneiro de 2021 está aberto o prazo para enviar traballos ao Certame de Fotografía Fotoxénica – Mente, que organiza dende hai catro anos o colectivo Albores. Baixo o tema «Saúde Mental e Benestar», a cuarta edición do certame pretende sensibilizar acerca do previsible aumento das enfermidades mentais trala experiencia do confinamento. As fotos deben ir acompañadas dun breve texto explicativo da mensaxe.
As bases poden consultarse no Facebook de Albores SM https://www.facebook.com/AlboresSM/. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividades para todos no Outono Cultural de Bóveda

Seguinte Nova

En prazo as becas de transporte universitario de Monforte

A %d blogueros les gusta esto: