A Biblioteca Municipal de Bóveda recibiu o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e a concelleira de Cultura, Cristina Juiz, recibiron o premio de mans do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nun acto celebrado o 23 de outubro.

Na véspera do Día da Biblioteca, Bóveda recibiu un importante recoñecemento polo seu traballo por achegar a lectura aos diversos colectivos sociais. O 23 de outubro, tivo lugar a entrega do III Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que este ano correspondeulle á Biblioteca Pública Municipal de Bóveda.

BIBLIOTECA INNOVADORA
O galardón, que concede a Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura, recoñeu o traballo de integración levado a cabo pola Biblioteca de Bóveda cos usuarios da residencia para persoas con discapacidade funcional. A dotación do único premio da convocatoria é de 3.000 euros e un distintivo de biblioteca innovadora.

INTEGRACIÓN CULTURAL E «ÉXITO COLECTIVO»
O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, recolleu o premio de mans do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Arias destacou que este traballo de integración agora recoñecido «comezou hai xa algúns anos», con iniciativas como o Club de Lectores para adultos, a adquisición de fondos bibliográficos e audiovisuais adaptados ás necesidades dos usuarios, e tamén mellorando a accesibilidade ao edificio. Todo isto, para facer da lectura «un vínculo de integración cultural».
Na súa intervención, o alcalde agradeceu o esforzo de todas as persoas que fixeron posible esta iniciativa, con mención expresa á concelleira de Cultura, Cristina Juiz, presente no acto; á técnica sociocultural do Concello, Miriam Palmón; e ás educadoras, animadoras e persoal da residencia, ademais da colaboración do CEIP Rosalía de Castro.
Arias destacou que este labor, ademais de transformar a Biblioteca «nun espazo accesible e exemplo de innovación», logrouse «integrar aos membros da residencia como veciños e veciñas do Concello de Bóveda», feito que cualificou de «éxito colectivo». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Tomé anunciou a reforma da cuberta do Edificio Multiusos de Monforte

Seguinte Nova

Miguel Tierra inaugura en Monforte a súa exposición «Las horas libres y la ciudad desnuda»

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss