A chantadina Susana López Abella repite á fronte de Igualdade no novo Goberno de Feijóo

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, preside a toma de posesión da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Susana López Abella continúa á fronte da Secretaría Xeral da Igualdade, logo da remodelación que vén de completar Alberto Núñez Feijóo no organigrama da Xunta de Galicia. A chantadina, que estivo á fronte deste mesmo departamento dende outubro de 2011 ata o pasado mes de xuño, estará vinculada á nova Consellería de Emprego e Igualdade, que ten como titular a María Jesús Lorenzana. A conselleira acompañou a López Abella na súa toma de posesión, o pasado 15 de outubro, en presenza do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda. No acto de nomeamento, Susana López Abella agradeceu a confianza depositada nela para continuar combatendo a violencia de xénero.
Susana López Abella conta con ampla experiencia en materia de igualdade ao ter estado á fronte desta secretaría nos últimos nove anos. Nacida en Chantada, López Abella realizou estudios de Ciencias Empresariais na Facultade de Empresariais de Vigo e é colexiada en xornalismo polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Foi secretaría xeral de Familia e Benestar entre abril de 2009 ata outubro de 2011 e deputada no Parlamento de Galicia, onde traballou nas áreas de muller, política social, igualdade e traballo, entre outras. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Chantada reclama á Deputación que licite a explotación do club náutico de Belesar

Seguinte Nova

Máis de 20.500 persoas desfrutaron das rutas en catamarán dende xuño

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: