A Deputación colabora con AFA Chantada para mellorar o transporte dos usuarios deste colectivo

José Tomé fala co presidente de AFA Chantada, Enrique Rojo, logo da sinatura do convenio, a mediados deste mes.

A mediados de outubro, quedou asinado en Lugo o convenio entre a Deputación e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFA) de Chantada, polo que o organismo provincial achega 12.000 euros para o servizo de transporte de dez usuarios e usuarias.

AXUDAR TAMÉN ÁS FAMILIAS, AS GRANDES ESQUECIDAS
Este acordo facilitará o labor que desenvolve AFA Chantada «nunha provincia como a de Lugo, envellecida e cunha dispersión xeográfica tan grande que complica a atención», segundo destacou o presidente da Deputación, José Tomé. O mandatario provincial insistiu en que «é fundamental axudar aos veciños e veciñas que sofren a enfermedade de Alzheimer, así como ás súas familias que, en ocasións, son as grandes esquecidas».
AFA Chantada busca que os doentes manteñan o maior grao de autonomía, promovendo obradoiros de memoria, estimulación cognitiva e ximnasia, así como apoio psicolóxico ás familias. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nova entrega de vivendas de alugamento público da Xunta na zona sur

Seguinte Nova

O polígono de Chantada, entre os oito de Galicia nos que a Xunta mellorará a rede eléctrica

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: