Máis de 20.500 persoas desfrutaron das rutas en catamarán dende xuño

A Deputación amplía o programa de viaxes fluviais ata o 13 de decembro •Esta medida pretende apoiar ao sector turístico cunha actividade ao aire libre e que se desenvolve con todas as medidas hixiénico-sanitarias

As viaxes en catamarán son un dos atractivos máis demandados polos visitantes que se achegan á Ribeira Sacra.

As rutas en catamarán pola Ribeira Sacra manteñen o seu tirón a pesar da pandemia, e pode funcionar como un dinamizador do sector nestes tempos difíciles. Segundo informaron dende a Deputación, o programa de itinerarios fluviais leva rexistrados dende o seu inicio no mes de xuño máis de 20.500 visitantes, o que demostra a «moi boa acollida» desta iniciativa provincial. Sobre este dato, o Goberno da Deputación decidiu ampliar o programa ata o 13 de decembro, «porque queremos que as rutas sigan dinamizando o turismo e a hostalería nuns momentos tan complicados para o sector», como apuntou o mandatario provincial, José Tomé.

6.200 USUARIOS DOS CATAMARÁNS SÓ NO ÚLTIMO MES
O presidente da Deputación salientou o dato de usuarios do último mes, periodo no que este servizo rexistrou 6.200 visitantes. «É unha cifra importante, tendo en conta que as embarcacións están limitadas ao 50% da súa capacidade como medida de seguridade para minimizar o risco de contaxio por covid-19», precisou. Tomé garantiu que se van manter os protocolos hixiénico-sanitarios en todos os itinerarios que saen da Ponte do Sil e Belesar, para potenciar a afluencia a «esta oferta turística atractiva na nova normalidade», que se desenvolve ao aire libre e en pleno contacto coa natureza.
Tomé tamén explicou que a prórroga do encargo á empresa pública Tragsa para ofrecer o servizo de catamaráns ata o 13 de decembro ten un importe de 45.000 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A chantadina Susana López Abella repite á fronte de Igualdade no novo Goberno de Feijóo

Seguinte Nova

Tomé anunciou a reforma da cuberta do Edificio Multiusos de Monforte

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss