O espazo Creativa Centro de Ensinanzas Artísticas ten aberta ata o 27 de novembro a exposición «Las horas libres y la ciudad desnuda», do artista Miguel Tierra Rodríguez. Ao chegar a Monforte tras rematar a carreira de Belas Artes, o artista de 27 anos retomou o sentimento creativo dos retratos que fixera unha vez completada a súa fase de formación. A reflexión de Tierra sobre os motivos para seguir pintando están «na historia vivida, un pensamento revolucionario que aprendín da pintura». Para Miguel Tierra, «a luz pode ter cor aínda que ás veces non sexa nada», porque «a pintura nas súas ilusións pode ter moito pensamento». •