Desta volta, entregáronse dous pisos no caso histórico de Monforte aos novos inquilinos
A mediados deste mes, a Xunta entregou dúas vivendas de promoción pública en Monforte. Os pisos están situados na rúa Armando Cotarelo, no casco histórico da cidade.
ACCESO AO ALUGAMENTO PÚBLICO
Ambos pisos entregáronse en réxime de alugamento, previa inscrición dos beneficiarios no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma. Este é o sistema que ofrece a Xunta para poder optar a este tipo de alugamento. Os interesados poden inscribirse a través da sede electrónica ou nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e o Solo.
Un dos pisos ten unha superficie de case 81 metros cadrados e dous dormitorios. O outro piso ronda os 90 metros cadrados, e dispón de tres cuartos. •