Nova entrega de vivendas de alugamento público da Xunta na zona sur

Desta volta, entregáronse dous pisos no caso histórico de Monforte aos novos inquilinos

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na entrega das dúas vivendas de promoción pública en Monforte, o 15 de outubro.

A mediados deste mes, a Xunta entregou dúas vivendas de promoción pública en Monforte. Os pisos están situados na rúa Armando Cotarelo, no casco histórico da cidade.

ACCESO AO ALUGAMENTO PÚBLICO
Ambos pisos entregáronse en réxime de alugamento, previa inscrición dos beneficiarios no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma. Este é o sistema que ofrece a Xunta para poder optar a este tipo de alugamento. Os interesados poden inscribirse a través da sede electrónica ou nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e o Solo.
Un dos pisos ten unha superficie de case 81 metros cadrados e dous dormitorios. O outro piso ronda os 90 metros cadrados, e dispón de tres cuartos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte non subirá os impostos municipais por sexto ano consecutivo

Seguinte Nova

A Deputación colabora con AFA Chantada para mellorar o transporte dos usuarios deste colectivo

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: