O Goberno central aproba unha axuda de 3,7 millóns de euros para renovar o alumeado público de Sarria

Na súa visita á vila xacobea, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou tamén achegas de 2,7 millóns para Monforte e outra de 1,2 millóns para O Saviñao

No centro da imaxe, o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, na recepción ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, á súa chegada ao Consistorio sarriao, acompañado pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, o pasado 23 de outubro

Sarria acolleu este mes a visita do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, para anunciar os investimentos que o Goberno central subvencionará en 35 municipios lucenses. O delegado, que foi recibido polo alcalde de Sarria, Claudio Garrido, lembrou que a vila xacobea disporá dunha subvención estatal de 3,2 millóns de euros para renovar o alumeado público.
Con esta aportación, o Concello de Sarria poderá executar o proxecto presentado, que implica a conversión á tecnoloxía Led de 4.850 puntos de luz do alumeado público, o que supón cubrir o 90% dos 5.358 que hai no municipio. O proxecto inclúe a renovación de 300 cadros de mando para adaptalos á normativa vixente. Segundo lembrou Losada, o proxecto subvencionado permitirá un aforro enerxético do 79,10%
O delegado do Goberno en Galicia anunciou en Sarria que outros concellos da zona sur, como Monforte ou O Saviñao, percibirán importantes achegas para proxectos de renovación enerxética. En concreto, para a cidade do Cabe aprobouse unha achega de 2,7 millóns, e outra de 1,2 en O Saviñao.
Estas subvencións canalízanse a través do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), que aínda dispón de 25 millóns de orzamento pendentes de adxudicar. Losada animou aos Concellos e mancomunidades a que participen na convocatoria, aberta ata o 31 de decembro de 2020. Estas achegas financian ata o 80% do importe total do proxecto, cun prazo de execución de 30 meses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia, cumprindo a normativa estatal, restrinxirá a mobilidade entre as once da noite e as seis da mañá

Seguinte Nova

A Deputación aproba 660.000 euros para arranxar tres estradas en Paradela e unha en Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: