O PP de Chantada reclama á Deputación que licite a explotación do club náutico de Belesar

O voceiro provincial e o alcalde da localidade destacaron a importancia de que estas instalación estean operativas «para estimular a economía local»

Javier Castiñeira, portavoz do Grupo Provincial do Partido Popular, e Manuel Lorenzo Varela, alcalde de Chantada, comprobaron que as instalacións do club náutico teñen un cadeado na porta.

O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo vén de reclamar á Deputación que saque outra vez a licitación a explotación do club náutico de Belesar. O portavoz desta formación no organismo provincial, Javier Castiñeira, sinalou que se debe primar a posta en servizo deste complexo fronte ao rendemento económico.
Castiñeira achegouse ata as instalacións de Belesar a mediados deste mes, para comprobar que o edificio está pechado cun cadeado. Acompañado polo alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, Castiñeira salientou que «este cadeado que pecha o acceso ás instalacións é a mellor imaxe da ineficacia do Goberno provincial».
O voceiro popular lembrou que a concesión da explotación «saiu a licitación en febreiro do ano pasado e o concurso quedou deserto», o que «demostra a falta absolutade interese do Goberno provincial por sacar adiante estas instalacións». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O polígono de Chantada, entre os oito de Galicia nos que a Xunta mellorará a rede eléctrica

Seguinte Nova

A chantadina Susana López Abella repite á fronte de Igualdade no novo Goberno de Feijóo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss