180.000 euros da Deputación para mellorar estradas en Chantada

•As actuacións concéntranse en dúas estradas da zona de Belesar

As obras máis recentes que a Deputación levou a cabo no sur de Lugo incluíron estradas do municipio de Chantada. En concreto, o organismo provincial vén de completar dous arranxos neste concello, por un importe global de 180.000 euros.

ARRANXO DO AFUNDIMENTO POLAS CHUVIAS DE AGOSTO
A actuación máis salientable foi o arreglo da estrada LU-P-1804 á altura do quilómetro 6, punto no que se rexistrou un desprendemento de terras a mediados de agosto pasado. O afundimento deixou inutilizable este vial que comunica Belesar con Chantada a través de San Pedro de Líncora, nun punto situado enfrente do embarcadoiro da Deputación. A gravidade do dano requiriu un estudo xeotécnico e un cálculo estrutural do terreo.

PROXECTO «DE GRAN COMPLEXIDADE» PARA GARANTIR A SEGURIDADE VIARIA
Segundo lembraron os responsables provinciais, as obra comezaron a principios de setembro, coa colocación dunha pantalla de micropilotes para poder soster o terreo existente, e escavar despois unha plataforma de traballo. A continuación, executouse un muro de mampostería para proceder á reconstrución da estrada e facer o recheo pertinente. Por último, procedeuse á pavimentación deste treito con aglomerado en quente, repintando os sinais horizontais.
O presidente da Deputación, José Tomé, supervisou o resultado das obras, que quedaron rematadas no prazo estipulado de dous meses. «Dado que este punto xa se derrubou nos anos 60, con esta obra queda garantido que neste lugar non vai volver a caer», salientou. O mandatario provincial destacou que este tipo de obras responden ao esforzo da Deputación para dar resposta á veciñanza «coa maior axilidade posible, tendo en conta a envergadura da obra e a súa complexidade técnica».

34.200 EUROS PARA A ESTRADA DO ENCORO
Ademais, o organismo provincial está a completar o arranxo dun treito da LU-P-1802, que comunica Chantada centro co encoro de Belesar por Sabadelle entre os quilómetros 5 e 6,050. Neste espazo, limpáronse as cunetas e aplicouse aglomerado en quente para restaurar o firme. Así mesmo, procedeuse ao repintado dos sinais horizontais. Esta intervención contou cun investimento de 34.200 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A hostalería de Monforte envía un dramático S.O.S. ante o peche obrigatorio dun mes pola pandemia

Seguinte Nova

Investimento de 150.000 euros para acondicionar a estrada provincial entre Ferreira e Escairón

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: