A CANTANTE DO INCIO LUCÍA PÉREZ, NOMEADA EMBAIXADORA DE TRIACASTELA

No centro da imaxe, Lucía Pérez no seu nomeamento como Embaixadora de Triacastela, acompañada pola alcaldesa, Olga Iglesias, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a finais de outubro.

A Triacastela xacobea xa ten embaixadora. A finais de outubro, tivo lugar o nomeamento da artista do Incio Lucía Pérez como Embaixadora deste municipio, dentro do programa «O Camiño a Bocados – My Way», que impulsa a Asociación Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL).

UN EMBAIXADOR POR CONCELLO ADHERIDO
O proxecto, desenvolvido dentro do programa da Xunta O Teu Xacobeo, busca promocionar os diferentes Camiños ao seu paso pola provincia de Lugo. En concreto, tratará de poñer en valor aspectos como a gastronomía ou o patrimonio natural e cultural de cada un dos municipios adheridos, que son Samos, Castroverde, Trabada, Baleira, Barreiros, Lourenzá, e Triacastela.

TRIACASTELA PROMOCIONA OS SEUS SABORES COMO UN ATRACTIVO PARA O CAMIÑO
Lucía Pérez, que representou a España en Eurovisión en 2011, recibiu unha figura que a distingue como Embaixadora de Triacastela, así como un lote de produtos locais. Os agasallos fóronlle entregados pola alcaldesa, Olga Iglesias, que lembrou que «Triacastela ten moito que ofrecer, como os nosos sabores capaces de conquistar os padais máis selectos». Iglesias, que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, amosou a súa confianza en que «Lucía Pérez saberá levar estes sabores polo mundo adiante, para que a xente veña a Triacastela e os poida probar».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A SERIE DIXITAL «ADEGAS DA MEMORIA» GRAVADA EN VILACHÁ, SELECCIONADA PARA UN FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES

Seguinte Nova

TEATRO PARA TODOS EN MONFORTE ATA FIN DE ANO

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: