A hostalería de Monforte envía un dramático S.O.S. ante o peche obrigatorio dun mes pola pandemia

•Nunha concentración celebrada diante do Concello, os hostaleiros esixiron apoios para remediar o impacto dunha medida que pode condenar á desaparición a moitos negocios

A concentración reuniu a máis dun cento de hostaleiros, dentro da convocatoria xeral que fixo a APEHL na provincia, diante da Casa Consistorial de Monforte, o sábado 7 de novembro. (Foto: MONTERO)

A hostelería de Monforte sumouse ás mobilizacións que en toda a provincia organizou a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (APEHL). A concentración do sábado 7 de novembro escenificouse diante da Casa do Concello, onde máis dun centenar de hostaleiros reivindicaron os seus dereitos ante o peche obrigatorio establecido para o sector polas autoridades sanitarias. Os profesionais da hostalería denunciaron tamén a falta de axudas para evitar o peche definitivo dos seus negocios, xusto na semana na que Núñez Feijóo anunciaba «unha liña urxente de axudas», que suporá unha achega de entre 2.200 e máis de 7.000 euros por establecemento pechado por mor da covid-19. A diferencia de importes establecerase segundo o número de empregados e o número de meses que leve pechado o establecemento.
A APEHL lembrou que a hostalería de Galicia solicitou unha audiencia con Feijóo «para trasladar as inquedanzas dos hostaleiros, solicitar axudas para saír desta crise, e convocar unha manifestación a nivel galego».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia reforza as restricións nos 60 concellos con maior incidencia epidemiolóxica con novas medidas, entre eles Monforte

Seguinte Nova

180.000 euros da Deputación para mellorar estradas en Chantada

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: