Asinado o convenio entre o Concello e a Xunta para as axudas á rehabilitación en Monforte

A dotación de fondos da Consellería para os ARI desta anualidade ascende en Monforte aos 100.400 euros

A comezos de novembro, quedou asinado o convenio entre o Concello de Monforte e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a dotación de fondos con destino á Área de Rehabilitación Integral (ARI). Para esta anualidade, Monforte de Lemos disporá de 100.400 euros, aínda que ten en marcha a execución de anteriores convenios desta mesma categoría por un importe global de 322.000 euros.
PARA PROPIETARIOS DE VIVENDAS E PARA OBRAS DOS CONCELLOS EN ZONA ARI
Dende a Consellería informaron de que as axudas van destinadas a propietarios de vivendas e edificios residenciais situados no entorno establecido como área de rehabilitación integral. En Monforte, este ámbito corresponde ao conxunto histórico e zonas de respecto. Ademais, tamén poden optar a estas axudas ARI os propios concellos, no caso de actuacións de urbanización ou reurbanización dentro dos espazos ARI. Aparte, a Xunta financia con fondos propios as oficinas de rehabilitación municipais. Os Concellos son as entidades encargadas de tramitar a convocatoria pública das axudas ARI, para que os particulares que estean interesados poidan presentar as solicitudes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte eliminará barreiras de acceso aos equipamentos municipais

Seguinte Nova

Estrea do selo de calidade Artesanía Alimentaria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: