Asoporcel activa a campaña “100% Nosa” para promover a raza do porco celta

•Ademais de presentar o novo logo, a campaña inclúe receitas de cociña en vídeo, para promocionar o consumo desta carne

O coñecemento da variedade Porco Celta e das características dos produtos derivados dela é o obxectivo da campaña “100% Nosa”, que está a levar a cabo dende finais de outubro a Asociación de Produtores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL) en televisión e redes sociais.

NA TVG E NAS REDES
A campaña iniciouse cun spot na Televisión de Galicia, para dar a coñecer as bondades da raza, e nos vindeiros meses seguirán emitíndose pezas audiovisuais para incidir en aspectos como a singularidade desta raza, as características da súa crianza totalmente natural, e as propiedades desta carne.
En paralelo, poderán verse en redes sociais vídeos con receitas de cociña a base de carne de porco celta, e tamén imaxes ou fotografías sobre esta raza autóctona, e testemuñas dos profesionais vinculados á súa explotación.

VALORIZAR O TRABALLO DOS GANDEIROS E POTENCIAR O MUNDO RURAL
“Poñer en valor o traballo dos nosos gandeiros pola recuperación desta raza e tamén polo coidado e mantemento do medio” son os eixos desta campaña, segundo explicaron os responsables de ASOPORCEL. Dende este colectivo salientaron o dobre valor do porco celta, que se adapta á cría en extensivo e propicia o silvipastoreo. “O aproveitamento dese sotobosque para a cría dos porcos axuda a conservar o patrimonio xenético da raza”, destacaron en ASOPORCEL, que tamén insiste en que o fomento da raza porcina celta “contribúe de xeito innegable á loita contra os incendios forestais, o que implica a conservación da paisaxe galega e a fixación de poboación nas aldeas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Feira de Amandi reinvéntase para seguir enxalzando a cultura do viño

Seguinte Nova

Convenio da Deputación con Amigos do Ferrocarril de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: