Emerxen as pinturas murais da igrexa soberina de Lobios

•O resultado destes traballos de restauración permitirá ao Concello crear unha ruta cultural para coñecer a decoración mural dos templos de Lobios, Pinol e Proendos

Os traballos de restauración en San Xiao de Lobios arrancaron en outono deste ano.

O patrimonio de Sober está a recuperar un importante elemento de valor, na liña do que se ten feito recentemente noutros enclaves similares.

PROXECTO COFINANCIADO POLA XUNTA E A UNIÓN EUROPEA
Dende hai varias semanas, estanse desenvolvendo os traballos de restauración das pinturas murais da igrexa de San Xiao de Lobios, proxecto financiado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. O proxecto, que leva a cabo un equipo de expertos dirixido por María Dolores Lago, conta cun investimento de 54.215 euros, cofinanciados pola Unión Europea a través do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
Segundo precisaron dende o Concello de Sober, a recuperación destas pintura suporá poñer en valor o patrimonio deste municipio. De feito, dende o Consistorio xa planean a creación dunha ruta cultural que vincule estas pinturas murais de Lobios coas recentemente recuperadas en San Vicente de Pinol, e as que se restauraron no ano 2000 en Santa María de Proendos.
Os traballos en Lobios céntranse nas pinturas murais do muro norte e no arco triunfal, ademais dalgunha decoración detectada no muro sur deste templo tardorrománico, datado no século XIII e con ricos elementos posteriores. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020: “A poesía é unha loita desigual contra os poderes no lúcido e necesario clamor pola dignidade”

Seguinte Nova

A SERIE DIXITAL «ADEGAS DA MEMORIA» GRAVADA EN VILACHÁ, SELECCIONADA PARA UN FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: