Explosión de creatividade en Tuiriz para celebrar un Samaín marcado pola pandemia

•A Asociación de Veciños esta parroquia pantonesa organizou un exitoso concurso de cabazas e adornos, no que participaron máis de 40 persoas

O Samaín da Asociación de Veciños de Tuiriz plantou cara á pandemia botando man da creatividade e o bo facer, e respectando as medidas sanitarias.
Un total de 41 veciños de todas as idades participaron no concurso de cabazas e adornos que organizou a Asociación, para suplir a falta da tradicional celebración festiva por mor das restricións sanitarias.
Cabazas decoradas, ollos ensanguentados, pantasmas xurdidas das cepas ou coroas e árbores encantadas animaron o concurso, no que todos os participantes acadaron premio por ser unha convocatoria non competitiva. Con todo, os maiores de 18 anos que presentaron traballos participaron no sorteo dunha noite de aloxamento para dúas persoas no Pazo de Sabadelle de Chantada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación custeou os 182.000 euros da traída de auga a Santa María de Marrube

Seguinte Nova

A rehabilitación de A Míllara en Pantón, recoñecida co Premio Juana de Vega

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: