Investimento de 150.000 euros para acondicionar a estrada provincial entre Ferreira e Escairón

Entre as novas actuacións que ten na axenda inmediata a Deputación de Lugo está o acondicionamento da estrada LU-P-4102, que une as capitalidades dos municipios de Pantón e O Saviñao.
Segundo explicou a voceira socialista no organismo provincial, Pilar García Porto, a Deputación vai investir un total de 150.000 euros para mellorar as condicións de seguridade da estrada entre Ferreira e Escairón, «unha vía de comunicación moi importante para os veciños e veciñas destes dous concellos da Ribeira Sacra».
García Porto precisou que o proxecto inclúe a rehabilitación do firme deste vial nun tramo de tres quilómetros. O prazo para executar esta obra é de seis meses.
O arranxo forma parte da nova quenda de investimentos liberados pola Deputación para mellorar a rede de estradas provinciais. Xunto ao proxecto xa mencionado, o organismo provincial aprobou os traballos na estrada de Chantada ao encoro por Sabadelle, e a da LU-P-3103 en Mondoñedo. O lote aprobado supón un investimento total de 250.000 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

180.000 euros da Deputación para mellorar estradas en Chantada

Seguinte Nova

A XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL LAMENTA ENTERARSE DA MARCHA DO XERENTE «POLA PRENSA»

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: