MÁIS PREMIOS EN SARRIA PARA PREMIAR AOS CLIENTES E APOIAR AOS PEQUENOS COMERCIANTES

Imaxe da entrega de premios da recente campaña promocional para impulsar o pequeno comercio de Sarria

O comercio sarriao non para nin coa pandemia, e segue a promover iniciativas de dinamización pensando nos clientes fieis e tamén en respaldar aos pequenos establecementos.

“DÍAS AZUIS DO COMERCIO GALEGO” PARA PREMIAR A FIDELIDADE DA CLIENTELA
A comezos de novembro, tivo lugar a entrega dos premios correspondentes á campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolveu ao longo da segundo quincena de setembro. A iniciativa, promovida pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, contou coa colaboración da asociación de comerciantes ACES- Sarria nesta localidade.
Os clientes que mercaron no comercio asociado de Sarria entre o 14 e o 30 de setembro puideron rexistrar as súas compras e participar así nun sorteo de tarxetas prepago de 300 e 150 euros, para gastar no comercio local. A campaña foi de ámbito autonómico, cun sorteo total de 16.000 tarxetas en toda Galicia.
En Sarria, acadaron premio Clara García Arza, premiada con 300 euros por unha compra feita en Dimar, e Maira López Fernández, que gañou 150 euros por comprar na Xoiería Díaz.
Dende ACES-Sarria declararon estar “moi satisfeitos cos resultados da campaña, reflexo da gran implicación e participación de comerciantes e clientes sarriaos”, tendo en conta o complicado momento pola alerta sanitaria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

TEATRO PARA TODOS EN MONFORTE ATA FIN DE ANO

Seguinte Nova

Dous deportistas do ximnasio Neka, convocados coa selección española de taekwondo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio