Novo obradoiro de emprego da Xunta para Pantón

A Xunta vén de conceder un novo obradoiro de emprego a Pantón, xunto a Sober e promovido polo municipio de O Saviñao. O obradoiro Ricra IV conta cunha subvención do Executivo autonómico que ascende a 346.946 euros.

CONTRATACIÓN DE 20 DESEMPREGADOS DE PANTÓN, SOBER E O SAVIÑAO
Segundo informaron dende a Xunta, este obradoiro conxunto, que financia a Consellería de Emprego e Igualdade, ofrecerá formación e emprego a un total de 20 persoas, que terán contrato de traballo durante os nove meses que dura a iniciativa. Ao remate, os beneficiarios do obradoiro recibirán cadanseu certificado de profesionalidade.

CON INICIO A FINAIS DESTE ANO
Dende a Xunta salientaron que este obradoiro arrancará a finais de 2020.
O de Pantón é un dos catro obradoiros duais de emprego que van ter lugar na zona sur da provincia, implicando a un total de dez municipios lucenses.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A rehabilitación de A Míllara en Pantón, recoñecida co Premio Juana de Vega

Seguinte Nova

Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020: “A poesía é unha loita desigual contra os poderes no lúcido e necesario clamor pola dignidade”

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss