•Cada beneficiario recibirá ata 1.500 euros, cantidade que se incrementará se o solicitante é muller ou persoa con discapacidade

O emprendemento en Monforte seguirá a contar co apoio do Concello, a través da nova quenda de axudas económicas que o Consistorio convoca por cuarto ano consecutivo. As subvencións pódense solicitar ata o 30 de novembro.
DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E INCLUSIÓN LABORAL PARA DESEMPREGADOS
Segundo explicou o alcalde, o programa de axudas municipais á creación de empresas «contribúe a fixar poboación en Monforte, propiciando un crecemento e desenvolvemento sostibles», ao tempo que «promove a creación de emprego estable e de calidade a nivel local, e facilita a empregabilidade das persoas en situación de desemprego».
DOTACIÓN GLOBAL DE 30.000 EUROS PARA ESTAS SUBVENCIÓNS
Desta volta, a liña de axudas contará cun importe global de 30.000 euros, de xeito que cada beneficiario poida optar a un máximo de 1.500 euros. Tomé especificou que esta cantidade poderase incrementar nun 25% se a persoa beneficiaria é muller ou persoa con discapacidade. •