O Concello de Monforte abre o prazo de solicitude da cuarta edición de axudas á creación de empresas

•Cada beneficiario recibirá ata 1.500 euros, cantidade que se incrementará se o solicitante é muller ou persoa con discapacidade

O emprendemento en Monforte seguirá a contar co apoio do Concello, a través da nova quenda de axudas económicas que o Consistorio convoca por cuarto ano consecutivo. As subvencións pódense solicitar ata o 30 de novembro.

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE E INCLUSIÓN LABORAL PARA DESEMPREGADOS
Segundo explicou o alcalde, o programa de axudas municipais á creación de empresas «contribúe a fixar poboación en Monforte, propiciando un crecemento e desenvolvemento sostibles», ao tempo que «promove a creación de emprego estable e de calidade a nivel local, e facilita a empregabilidade das persoas en situación de desemprego».

DOTACIÓN GLOBAL DE 30.000 EUROS PARA ESTAS SUBVENCIÓNS
Desta volta, a liña de axudas contará cun importe global de 30.000 euros, de xeito que cada beneficiario poida optar a un máximo de 1.500 euros. Tomé especificou que esta cantidade poderase incrementar nun 25% se a persoa beneficiaria é muller ou persoa con discapacidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio da Deputación con Amigos do Ferrocarril de Monforte

Seguinte Nova

CCOO MONFORTE CRITICA AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE SOBRE AS SUPOSTAS «TELEVACACIÓNS» DA PLANTILLA MUNICIPAL NO CONFINAMENTO

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: