Este sistema, posto en marcha pola Xunta a finais de outubro, é totalmente gratuíto. No anuncio, o presidente da Xunta destacou a importancia desta medida «fundamental para que as explotacións agrogandeiras poidan subsistir», o que non só axuda aos titulares das granxas, senón tamén ao mantemento da cadea de industria da alimentación en Galicia. Do que se trata, segundo precisou Núñez Feijóo, «é que non haxa efectos complicados, e que non haxa ningunha explotación que teña que pechar por non poder atender os aspectos básicos do seu funcionamento ordinario».
Entre as funcións que desenvolverán os traballadores de substitución están «a alimentación do gando, o muxido das vacas en ordeño ou a xestión de produtos perecedoiros».
O servizo está encomendado á empresa pública Seaga, cunha dotación de 1.600 días de traballo mediante cuadrillas de dúas persoas, equipadas con vehículo e con materiais de protección laboral e sanitario fronte á covid-19. •
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante
• Entre eles, o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de
A celebración do 8M ten as súas raíces na loita das mulleres traballadoras do Téxtil de
• As luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en
Tamén programou actividades de contacontos no CEIP Rosalía de Castro, pois o Goberno local pretende así