

A labor de divulgación e inclusión que realiza a Biblioteca Municipal de Sober volveu recibir o Premio María Moliner que concede o Ministerio de Cultura. Este galardón recoñece ás bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes que desenvolvan nun proxecto único tarefas de animación á lectura, á eficiencia e á labor bibliotecaria, á integración social na súa comunidade, así como o uso das novas tecnoloxías. O premio consiste nunha subvención de 2.000 euros para comprar libros e revistas. •