A PLATAFORMA INTERIOR VIVO GALEGO CRITICA AS DIRECTRICES DA XUNTA PARA AS MATANZAS NA PANDEMIA

Os sucesivos documentos que a Xunta está a elaborar para regular as diferentes actividades nestes tempos de pandemia chegan tamén ás tarefas tradicionais, provocando reaccións por parte dos colectivos sociais. Dende a plataforma Interior Vivo Galego criticaron as recomendacións propostas pola Xunta para evitar contaxios por covid-19 nas matanzas, afirmando que foron pensadas «para un espazo de administración tipo oficina e son totalmente xenéricas».

«TOMADURA DE PELO» NUN DOCUMENTO «REDACTADO SEN COÑECER O TERRITORIO»
Dende o colectivo cualificaron o documento como «unha verdadeira tomadura de pelo para quen non sabe o que é agarrar un porco, estremar as tripas ou picar a carne para facer zorza». Os voceiros da plataforma Interior Vivo Galego consideran que «perdería o tempo» a xente do rural que aínda fai matanzas se leran a guía preparada pola Xunta. O documento, segundo a plataforma, é «unha mostra máis do que é a política deste país», que consideran «redactada e aprobada dende oficinas de Santiago sen coñecer en absoluto o territorio».
RECOMENDACIÓNS PARA UNHA MATANZA SEGURA
Por este motivo, os responsables de Interior Vivo Galego fixeron públicas algunhas recomendacións «aplicando o sentido común que lles falta aos da capital». A relación de medidas comeza pola redución dos participantes na matanza «ao mínimo indispensable», empregando en todo momento a máscara, e gardando no posible a distancia de seguridade. Recoméndase tamé que cada tarefa sexa realizada sempre pola mesma persoa. Estes consellos refiren sempre ao marco normativo das autoridades sanitarias, insistindo en que «se o concello está baixo feche perimetral non debería facerse a matanza, a non ser que fagan a figadeira só os da casa».
Por outra banda, dende a plataforma a hixiene de mans, ter os locais ben ventilados e incluso levar a cabo ao aire libre «todas as actividades que se poidan». Ademais, recomendan «non usar rollas ou partillar apeiros e obxectos», dispoñer de papel para secar as mans e desbotalo nun balde con pedal.
Por último, dende Interior Vivo Galego insisten en «evitar a exposición e a participación das persoas maiores ou grupos de risco». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

OS CATIVOS DE TRIACASTELA PODERÁN ENTREGAR AS CARTAS AOS REIS E PAPÁ NOEL POR VIDEOCHAMADA

Seguinte Nova

SEGUE A AXENDA TEATRAL NO MULTIUSOS DE MONFORTE

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss