A Unesco valorará en China a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, participa por videoconferencia na 87ª reunión do Consejo de Patrimonio Histórico.

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade decidirase o vindeiro verán en China. En esa data, está prevista a reunión do Comité do Patrimonio Mundial da Unesco, que tomará a decisión definitiva.
O anuncio fíxose logo da reunión telemática do Consejo de Patrimonio Histórico, celebrado o 20 de novembro, e no que participou a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta. Na xuntanza, analizáronse as candidaturas españolas a entrar neste listado.
Na reunión estivo presente o embaixador de España diante da Unesco, Juan Andrés Perelló, e representantes das diferentes comunidades. Unha das novidades da reunión foi a confirmación de que Galicia e Portugal irán da man para entrar no Rexistro de Boas Práticas de Salvagarda da Unesco. O proxecto, que se presentará o vindeiro ano baixo a denominación «Ponte…nas ondas!», está pensado para os escolares, e impulsado por unha asociación de docentes para promover a integración do patrimonio cultural.
CONTACTO INTENSO COS EXAMINADORES DA UNESCO NA RECTA FINAL
Dende a Xunta lembraron o intenso traballo técnico que se leva impulsando dende 2015 por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Xa na recta final deste longo proceso, clave para a Ribeira Sacra, a Xunta está intensificando os contactos cos examinadores da Unesco, que visitaron hai pouco o territorio para dar fe en directo do seu valor patrimonial, cultural e paisaxístico. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un novo convenio permitirá investir 2,4 millóns en mellorar o saneamento de Monforte

Seguinte Nova

Mensaxe de fin de ano do presidente Alberto Núñez Feijoo

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: