•O treito irá protexido con valla reforzada para evitar asaltos de xabarís

Xa están en marcha os traballos de conversión do corredor Nadela-Sarria en autovía, no treito que vai de A Pobra de San Xiao ata Sarria centro. O inicio corresponde aos labores de roza e apertura de vía con eliminación de vexetación e arbolado nas parcelas incorporadas. Deste xeito, permitirase o acceso da maquinaria pesada aos terreos nos que se abrirá un novo carril paralelo á existente pola marxe esquerda en dirección á Pobra de San Xiao.
O primeiro treito da que será a primeira autovía autonómica da provincia de Lugo, libre de peaxe, abrangue un total de 11,5 quilómetros, que se pretende que estean executados en 24 meses. A decisión de considerar prioritario este tramo vén dado pola alta intesidade de tráfico, preto de 7.450 vehículos ao día, ao que hai que sumar a complexa orografía da contorna. As pendentes pronunciadas dificultan as posibilidades de adiantar e obrigan a reducir a velocidade dos vehículos.
Para esta futura autovía, a Xunta destina un investimento de 24,6 millóns de euros.•