Bóveda intégrase no obradoiro de emprego compartido con Incio e A Pobra do Brollón

•A Xunta financia con 347.000 euros este programa, que ofrece formación e contrato de traballo durante nove meses

A limpeza e acondicionamento de camiños rurais centrará os traballos do alumnado do obradoiro de emprego no que participa Bóveda con outros dous concellos.

A aposta pola inserción laboral das persoas desempregadas de Bóveda chega da man dun novo obradoiro da Xunta. O Concello participa nun obradoiro compartido cos municipios de A Pobra do Brollón e O Incio, que se centrará na modalidade de silvicultura.
O Executivo autonómico destina 346.946 euros para financiar este taller teórico-prático.
Dende a Xunta informaron que a valoración para conceder os obradoiros deu preferencia ás iniciativas compartidas, como é o caso do obradoiro no que se inclúe Bóveda, e que está promovido por O Incio.

CON CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
O taller dará emprego a un total de 20 persoas, que disporán dun contrato de traballo ao longo dos nove meses que dura o obradoiro. Ademais da acción formativa, os participantes levarán a cabo tarefas de mellora e acondicionamento en espazos públicos do seu municipio. Neste caso, procederán á limpeza e acondicionamento de camiños rurais. Ao remate do obradoiro, o alumnado recibirá o correspondente certificado de profesionalidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda aposta pola eficiencia enerxética e a mellora das instalacións municipais

Seguinte Nova

Música galega contemporánea e unha mostra colectiva de fotografía na axenda do Espazo Xove de Chantada

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: