CONTA ATRÁS PARA COÑECER OS GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS “NADAL NO SAVIÑAO”

O Concello do Saviñao vai premiar a creatividade dos máis cativos aproveitando que o Nadal está ás portas. Dende o Consistorio convocaron o concurso de postais “O Nadal no Saviñao”, dirixido aos escolares dos colexios de Escairón e Currelos. O prazo de entrega rematou a mediados de novembro, polo que o xurado previamente constituído xa está a traballar na valoración e selección dos deseños presentados a concurso.
CINCO CATEGORÍAS DE PREMIOS
A organización do concurso estableceu cinco categorías de premios. A primeira vai dirixida ao alumnado dos cursos 4º, 5º e 6º de educación infantil. Na segunda categoría, etiquetada como Primaria A, valoraranse os traballos presentados polo alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria. Unha terceira categoría, denominada Primaria B, terá en conta os debuxos achegados polos escolares de 4º, 5º e 6º de primaria. Para os estudantes dos cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, estableceuse unha categoría aparte para valorar os seus traballos.

NO CALENDARIO DE NADAL DO CONCELLO
Por último, o concurso premiará unha única postal como gañadora absoluta das catro categorías. Esta postal será publicada no Calendario de Nadal que edita o Concello do Saviñao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

SEGUE A AXENDA TEATRAL NO MULTIUSOS DE MONFORTE

Seguinte Nova

Presentan o proxecto #GaliciaGolfSaúde para apostar pola calidade e a diversidade da oferta turística

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss