Entregados os premios das Catas de Galicia na Denominación de Orixe Ribeira Sacra

•Dentro da Ribeira Sacra, presentáronse 70 mostras procedentes de 30 adegas

O acto de entrega dos galardóns Catas de Galicia tivo lugar no Museo do Viño de Monforte, para os viños premiados dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a mediados de novembro.

A recente edición das Catas de Galicia valorou un total de 348 mostras de viño de143 adegas da comunidade, trinta delas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Dentro deste selo de calidade, foron 70 as mostras revisadas polo panel de cata a cegas, nunha iniciativa promovida pola Consellería do Medio Rural para promover e revalorizar os viños e augardentes elaborados en Galicia.
Este ano, representantes da Consellería desprazáronse a cada unha das cinco Denominacións vitivinícolas de Galicia, para entregar os correspondentes premios. Na Ribeira Sacra, recibiu o Acio de Ouro en tintos o Prómine, de Bodegas Petrón, mentres que o Acio de Prata foi para Peza do Rei, de Adegas Cachín. O premio ao mellor tinto da modalidade colleiteiro e pequenas adegas foille concedido a Acivro, de Adegas Salvadur.
Por último, e dentro da modalidade tinto elaborado con madeira, o Acivro de Adegas Salvadur recibiu o Acio de Ouro, e o de Prata foi para Tradición Adega Vella, de Jorge Feijóo González. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación apoia con 100.000 euros a financiación da nova cuberta do Multiusos de Monforte

Seguinte Nova

O Saviñao recupera a Escola de Diomondi cun investimento mixto entre a Xunta e o Concello

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: