Feijóo avanzou a nova estratexia do sector lácteo

•O obxectivo deste plan é chegar a transformar o 75% do leite que se produce en Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, José González, reúnese cos directivos do Grupo Leite Río. Polígono do Ceao (Lugo). 16/11/20.

A mediados deste mes, o Goberno galego deu a coñecer a nova estratexia para o sector lácteo. Feijóo subliñou que esta iniciativa contará con cinco eixes: produción, industria, mercados, cadea de valor, formación e innovación. A estratexia «aspirará ademais a aumentar o peso das denominacións de orixe protexidas de queixo na transformación industrial”, resaltou, asegurando que para iso se porán en marcha campañas de promoción das denominacións e a adaptación dos formatos e envases ás demandas do consumo.

IMPORTANCIA DOS VALORES DAS EMPRESAS DO RURAL
O mandatario autonómico salientou que esta estratexia forma parte do Plan de reactivación e dinamización do rural, que xerará un impacto económico de máis de 560 millóns de euros, destacando o compromiso do Grupo LeiteRío co rural galego, reflectido nas máis de 450 explotacións coas que traballan. “Tenacidade, esforzo e inconformismo son as cualidades que definen a esta empresa”, afirmou.

ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2021: «UN COMPROMISO CON GALICIA»
Aproveitando a visita que realizou a mediados de mes ás instalacións do Grupo Leite Río, Feijóo anunciou a proposta de Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano. “Uns Presupostos que presentamos ás poucas semanas de tomar posesión e co obxectivo de que nos primeiros meses de 2021 teñamos as contas ordenadas”, afirmou destacando que supoñen un «compromiso con Galicia, conscientes da situación que se está a vivir».
REACTIVACIÓN DA ECONOMÍA
Segundo Feijóo, os Orzamentos de 2021 terán como obxectivo paliar os problemas da pandemia e incluirán a conxelación de todos os soldos do Goberno galego. “Nestes momentos de dificultade, o Goberno da Comunidade ten que ser o primeiro en apertarse o cinto e mandar unha mensaxe ás familias e ás persoas que están pasando un mal momento; os Orzamentos de 2021 van para eles, para reactivar a economía, para inxectar capacidade económica aos sectores produtivos e para facer un investimento excepcional co obxecto de manter o emprego”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Goberno provincial presenta os Orzamentos para 2021, que ascenden a 92,5 millóns de euros

Seguinte Nova

10 millóns da Xunta para dar liquidez a autónomos e pemes

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: