En novembro, continuou a actividade de dinamización cultural do Espazo Xove de Chantada. A música contou co seu recuncho, cun concerto do cantautor ourensán Emilio Rúa, autor de «Vida Miña», considerada unha das 10 mellores cancións galegas de todos os tempos.
O Espazo Xove completa a súa axenda coa exposición «Descrenza», do colectivo fotográfico Os Potiños, dentro do Outono Fotográfico.•