O AUTOCINE PROMOVIDO POLA DEPUTACIÓN OFRECEU UNHA OPCIÓN DE OCIO SEGURA EN TEMPOS DE PANDEMIA

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o deputado sarriao Efrén Castro, no primeiro día das sesións de Autocine, a mediados de novembro.

A pandemia está a condicionar as dinámicas de ocio, e na busca de opcións seguras para o tempo libre, a Área de Cultura da Deputación, dependente da Vicepresidencia, puxo en marcha unha experiencia de cine ao aire libre para desfrutar en familia. O Autocine animou varias tardes de fin de semana en Lugo e Sarria, cunha carteleira deseñada polos propios usuarios, que votaron a través das redes sociais as películas máis demandadas. O plantel estivo formado por títulos de carácter familiar, como «Pérez 2» ou «Los Goonies», e outros filmes de carácter máis xeralista, como «Gran Torino» ou «Pulp Fiction».
As proxeccións visualizáronse dende o propio coche, previa recollida da entrada por internet, cunha pantalla de 24 metros cadrados e co son conectado ao vehículo por FM. Só se permitiu o acceso nos coches a grupos de persoas convivintes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

600.000 euros da Xunta para mellorar a calidade das instalacións no IES Lama das Quendas de Chantada

Seguinte Nova

OS CATIVOS DE TRIACASTELA PODERÁN ENTREGAR AS CARTAS AOS REIS E PAPÁ NOEL POR VIDEOCHAMADA

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: