O piloto monfortino Eduardo Iglesias voltará a participar no Rally Dakar, logo de acadar un exitoso posto entre os cen primeiros motoristas na pasada edición desta proba. No vindeiro Dakar, Iglesias estará patrocinado pola Xunta de Galicia, o que permitirá divulgar as marcas Deporte Galego e Galicia Calidade nos fogares dos 200 millóns de telespectadores do Dakar 2021.
O VALOR DO ESFORZO
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, salientou «a xesta de Eduardo de principios de ano baseada no esforzo, o sacrificio e a constancia e que ten moito que ver cos tempos que corren».