O dato deuno a coñecer o alcalde, Carlos Armesto, quen salientou o investimento de 346.946 euros da Xunta neste obradoiro, promovido polo Saviñao e desenvolvido cos concellos de Pantón e Sober. Serán 20 os alumnos-traballadores que se formarán neste obradoiro durante nove meses, tempo no que terán un contrato laboral mentres aprenden e realizan tarefas en espazos públicos. Ao remate, os participantes recibirán cadanseu certificado de profesionalidade.
Armesto puntualizou que o obradoiro Ricra IV dará formación nas especialidades de carpinteiría e forestal. Os alumnos do primeiro módulo realizarán pezas de mobiliario urbano e equipamento, como varandas, bancos ou estanterías. Pola súa banda, as persoas inscritas no módulo de forestal realizarán unha poda nas devesas de Escairón e Currelos, guiados por monitores especializados. O módulo abrangue o percorrido dos Chancís e a romaría de Cadeiras para o alumnado de Sober, e varias zonas verdes de Ferreira, entre as actuacións previstas en Pantón. •
Últimas noticias sobre EMPREGO
• A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse aos interesados retos diarios de 15
• Tres estudantes do CPR Belarmino Fernández Iglesias fórmanse en Centros de Traballo (FCT) en Europa
O Concello de Sober vén de subscribir un convenio co Ministerio de Educación e Formación Profesional
Na Escola de Hostalaría de Rosende, dende o 04 de novembro, e ata o 14 de
• Redacción- MONFORTE. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entregou hoxe os diplomas