O Saviñao recupera a Escola de Diomondi cun investimento mixto entre a Xunta e o Concello

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, supervisou o resultado do acondicionamento da Escola de Diomondi.

O Concello do Saviñao continúa a desenvolver diversas obras para acondicionar espazos públicos. Desta volta, o Goberno local vén de rematar os traballos de rehabilitación do edificio da Escola de Diomondi, un inmoble de uso veciñal situado xunto ao Camiño de Inverno.
Segundo informaron dende o Consistorio, as obras contaron cunha partida de 24.200 euros, cofinanciados pola Xunta e o propio Concello. A cota máis importante aportouna o Executivo autonómico, cunha achega de 15.000 euros, e o resto do investimento correspondeu a fondos municipais.
O alcalde, Carlos Armesto, explicou os detalles da obra, que afectou ao inmoble e tamén ao seu entorno. Ademais de arranxar o interior do edificio, o proxecto permitiu adecentar a entrada principal aplicando formigón na explanada anterior, sobre unha superficie de 400 metros cadrados. Na contorna anexa, instalouse un parque biosaudable e renovouse o peche perimetral con postes de madeira.

POSTA EN VALOR DO CAMIÑO DE INVERNO
O alcalde salientou a importancia de accións deste tipo, que contribúen a poñer en valor recursos como o Camiño de Inverno, tanto dende a Xunta como desde o propio municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entregados os premios das Catas de Galicia na Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O OBRADOIRO DE EMPREGO QUE PROMOVE O SAVIÑAO COMEZARÁ EN DECEMBRO.

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss