Este mes tivo lugar unha nova xuntanza no Concello de Quiroga para afondar na constitución dunha Denominación de Orixe para o aceita da comarca. Na xuntanza, á que acudiron os olivicultores de Quiroga xunto aos responsables do Concello, determináronse varios aspectos previos á elaboración dun documento técnico, comandado pola Universidade de Vigo.
Unha das cuestións tratadas na xuntanza foi a porcentaxe de oliva autóctona que ha de ter o aceite con Denominación de Orixe. Segundo informaron dende o Concello, a porcentaxe mínima será do 80% no caso de aceites de oliva virxe extra, e o resto completarase con variedades que se estean producindo na comarca quiroguesa dende hai máis de quince anos.
O selo da futura Denominación busca que este aceite se elabore exclusivamente con variedades autóctonas.•
Últimas noticias sobre SOCIEDADE
A firma Silváns, reconocida pola súa dedicación á elaboración artesanal de delicias gastronómicas, levará ao mercado
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e a directora xeral de Ordenación e Innovación
Dende o Concello de Monforte invitan atodos os colectivos, empresas e cidadáns a sumarse á Campaña
Xa foron case 8.000 persoas dun total de 358 colectivos as que se beneficiaron destas viaxes
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, protagonizaron