OS CATIVOS DE TRIACASTELA PODERÁN ENTREGAR AS CARTAS AOS REIS E PAPÁ NOEL POR VIDEOCHAMADA

As peticións dos máis cativos de Triacastela a Papá Noel ou os Reis Magos farase este ano por videochamada. Esta iniciativa, que trata de salvar o Nadal para os nenos e nenas do municipio, vén resolver as dificultades que tería o encontro físico cos personaxes máis queridos destas festas debido á pandemia. O Concello de Triacastela, en colaboración coa empresa Especialistas Hípica Celta ofrece este servizo, de forma que a rapazada poida falar dende a súa casa e a través do móbil con Papá Noel ou cos Reis Magos.
As familias xa poden inscribirse na web www.nadal2020.es, ou no teléfono 641 585 245. Para as familias que non teñan teléfono móbil ou conexión, o Concello enviaralles un elfo ao seu domicilio para falar igualmente con eles.
O prazo para inscribirse na videochamada con Papá Noel remata o 17 de decembro, e a dos Reis o día 29. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O AUTOCINE PROMOVIDO POLA DEPUTACIÓN OFRECEU UNHA OPCIÓN DE OCIO SEGURA EN TEMPOS DE PANDEMIA

Seguinte Nova

A PLATAFORMA INTERIOR VIVO GALEGO CRITICA AS DIRECTRICES DA XUNTA PARA AS MATANZAS NA PANDEMIA

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss