Presentan o proxecto #GaliciaGolfSaúde para apostar pola calidade e a diversidade da oferta turística

En novembro botou a andar #GaliciaGolfSaúde, unha iniciativa conxunta da Asociación Galicia Destino Golf, Viajes Abramar e Oca Hotels, a través do concurso de ideas promovido polo Clúster Turismo de Galicia.
A presentación deste novo proxecto tivo lugar o día 10, coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, a presidenta da Asociación Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán, Ramón Braña, o director xeral da cadea Oca Hotels e Diego Otero, CEO de Abramar.
Castro salientou o valor deste tipo de iniciativas, que permiten desfrutar das infraestruturas turísticas e deportivas en contacto coa natureza, coa máxima calidade do servizo e perfectamente adaptadas ao contexto covid.

TURISMO CON VALOR ENGADIDO
Na presentación de #GaliciaGolfSaúde, os promotores do proxecto destacaron a importancia de orientalo a un nicho de mercado como é o dos xogadores de golf, considerados viaxeiros de alto valor engadido polo seu gasto medio e pola busca de destinos de calidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

CONTA ATRÁS PARA COÑECER OS GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS “NADAL NO SAVIÑAO”

Seguinte Nova

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA SAMOEIRO ARRANCOU O CURSO CON MÁIS DE 80 MATRICULADOS

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss