Quiroga aposta polo medio ambiente cun plan para reducir o efecto invernadoiro

A protección do medio ambiente é un proxecto común no que deben implicarse todos os membros da sociedade.

O Concello de Quiroga vén de elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible, que suporá a redución dun 45% das súas emisións de gases efecto invernadoiro antes do 2030. Este documento, pendente do respaldo do Pleno, arrancou logo de que a Corporación local aprobara por unanimidade unirse á iniciativa europea do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía.
O documento, que se preparou en coordinación coa Consellería de Medio Ambiente, propón a redución de consumos enerxéticos, e a substitución de enerxías fósiles por renovables en edificios, equipamentos e transportes. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os aceites da futura Denominación de Orixe de Quiroga terán un mínimo do 80% de oliva autóctona

Seguinte Nova

Milladoiro trouxo a Monforte “Atlántico”, o seu novo traballo

Últimas noticias sobre SOSTIBILIDADE

A %d blogueros les gusta esto: