Quiroga participa no obradoiro de emprego Montañas do Courel

•O obradoiro, promovido por Folgoso e participado tamén por Ribas de Sil, conta cun investimento de 369.500 euros da Xunta

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, estivo en Folgoso na presentación do obradoiro de emprego co delegado territorial da Xunta en Lugo e os rexedores de Folgoso e Ribas de Sil

Arrancou o novo obradoiro de emprego Montañas do Courel, financiado pola Xunta de Galicia. A iniciativa está promovida polo Concello de Folgoso, e nela participan tamén os municipios de Quiroga e Ribas de Sil. O obradoiro, que financia a Xunta con 369.500 euros, dará formación e emprego a 16 mozos e mozas menores de 30 anos empadroados nalgún destes tres concellos. A partida orzamentaria tamén custeará a contratación dun profesional para o posto de dirección, un de administración e tres monitores.

LIMPEZA DE CAMIÑOS E ESPAZOS RURAIS
O obradoiro Montañas do Courel centrarase na especialidade de conservación e mellora de montes. Os participantes recibirán formación teórico-prática, ademais de ter un contrato de traballo ao longo de doce meses. A Xunta ofrecerá o 100% do salario mínimo interprofesional e a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
O alumnado do obradoiro Montañas do Courel realizará tarefas de limpeza e conservación en diversos núcleos rurais de Quiroga, e labores semellantes en espazos públicos de Ribas de Sil e Folgoso. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Biblioteca Municipal de Sober volve gañar o Premio María Moliner do Ministerio

Seguinte Nova

Os aceites da futura Denominación de Orixe de Quiroga terán un mínimo do 80% de oliva autóctona

Últimas noticias sobre EMPREGO

     
A %d blogueros les gusta esto: