SEGUE A AXENDA TEATRAL NO MULTIUSOS DE MONFORTE

Monforte acolle representacións de tres programas teatrais de ámbito autonómico.

A mediados de novembro, tivo lugar no salón de actos do Multiusos de Monforte a representación da obra “A conquista da escola de Madhubai”, da compañía Teatro do Atlántico. A peza, escrita por Helène Cixous e dirixida por Xulio Lago, foi interpretada por María Barcala, Sheyla Fariña e César Goldi. A historia está inspirada na personaxe de Phoolan Devi, á que se lle coñecía como “a raíña dos bandidos”, toda unha referencia para o feminismo na India.

MEDIDAS ANTICOVID NOS EVENTOS DO MULTIUSOS
Esta foi a terceira cita da programación teatral de Monforte dirixida ao público adulto neste semestre, e ofrecida pola Rede Galega de Teatros e Auditorios. Os eventos teatrais no Multiusos están adaptados á normativa sanitaria, cunha redución do aforo que limita o acceso a só 30 persoas. Ademais, a venda de entrada realízase unha hora antes do inicio da función. Así mesmo, o público debe acceder ao recinto media hora antes de que comece a representación, para garantir o control do aforo. Os asistentes deben aplicar xel hidroalcohólico nas mans á entrada, e ter posta a máscara ao longo de toda a sesión.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A PLATAFORMA INTERIOR VIVO GALEGO CRITICA AS DIRECTRICES DA XUNTA PARA AS MATANZAS NA PANDEMIA

Seguinte Nova

CONTA ATRÁS PARA COÑECER OS GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS “NADAL NO SAVIÑAO”

A %d blogueros les gusta esto: