A rúa máis emblemática de Monforte recupera o acceso de vehículos no treito repavimentado, aínda que só para aqueles que conten con autorización expresa, entre os que se atopan ambulancias, bombeiros ou vehículos de aprovisionamento de combustibles.
A reapertua comunicouna o Concello a mediados de novembro, logo de escoitar o informe elaborado pola Policía Local no que se considera adecuada esta medida. O informe confirma sinala, segundo informaron dende o Concello, que o firme recentemente repavimentado se atopa consolidado e resulta apto para a circulación de vehículos.
As obras de arranxo do tramo peonil do Cardeal supuxeron a renovación do firme de granito. Dende que remataron os traballos pasaron varios meses, que serviron para garantir o axeitado acomplamento das pezas e a disposición óptima da plataforma da rúa para acoller tráfico rodado. As limitacións de acceso veñen dadas pola Ordenanza Municipal de Tráfico de Monforte, no disposto para as rúas da cidade que teñan consideración de peonís. •
Últimas noticias sobre SERVIZOS
O Concello de Chantada recibiu unha achega de 35.000 euros por parte da Xunta de Galicia
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou un incremento significativo no investimento no Servizo de
As redes de saneamento das cidades adoitan ser grandes esquecidas cando cada ano decídense os orzamentos
Os traballadores dos distintos Consorcios de Bombeiros da provincia de Lugo puxéronse en folga para reclamar
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de formalizar a