Tomé presentou os Orzamentos municipais do concello de Monforte para 2021

•As contas municipais para o vindeiro ano suporán un incremento do 9,48% respecto ao exercicio anterior

Presentación da proposta de Orzamentos municipais para 2021, a cargo do alcalde, José Tomé, e da primeira tenente de Alcalde, Gloria Prada, o 25 de novembro.

Monforte disporá dun millón de euros máis para o vindeiro ano. Así o explicou o alcalde, José Tomé, na presentación dos Orzamentos 2021, que ascenden a 14.892.365 euros. O rexedor destacou estas contas por ser “claramente sociais, pensadas para dar mellor servizo a todos os veciños de Monforte”, mantendo “a mesma liña de anos anteriores”.

LIÑAS XERAIS
Tomé resumiu as directrices dos orzamentos propostos polo seu equipo de Goberno. “Procuramos reducir ao máximo o gasto corrente para atender outras áreas de gasto” que considera “prioritarias”, como son “a atención ás persoas, a mellora da cidade, o deporte, a cultura ou o medio ambiente”.
O alcalde explicou que os fondos do incremento deste Orzamento veñen das transferencias da Deputación, que manteñen na mesma liña a participación nos Tributos do Estado. Tomé criticou que a partida procedente da Xunta a través dos Fondos de Cooperación cos Concellos sexa “igual ou inferior á do 2020”. O socialista concluiu que “a Xunta non ten intención de axudar a Monforte”. O alcalde salientou o feito de presentar “durante seis anos seguidos os Orzamentos en tempo e forma. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Milladoiro trouxo a Monforte “Atlántico”, o seu novo traballo

Seguinte Nova

Bóveda aposta pola eficiencia enerxética e a mellora das instalacións municipais

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: