A Deputación de Lugo favorece a seguridade do tráfico durante todo o ano co mantemento da súa rede viaria

•A empresa Comfica encárgase dos traballos de conservación da rede viaria de titularidade provincial nos concellos agrupados na zona 7

Os meses de inverno supoñen todo un desafío para as empresas adicadas ao mantemento das estradas da Deputación. A retirada da neve e a eliminación do xeo esixen importantes recursos humanos e materiais. (Foto: COMFICA).

A conservación e mantemento en boas condicións das estradas de titularidade da Deputación de Lugo permanece activa ao longo de todo o ano. Nos concellos de Folgoso do Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil, con 313 quilómetros que integran a denominada zona 7, a empresa Comfica é a concesionaria da Deputación de Lugo para levar a cabo estes traballos, cun investimento aproximado de 220.374 euros.
Comfica ten activado un equipo humano e material composto por unha decena de profesionais especializados en obra pública, entre os que se atopan nove oficiais, un encargado e un xefe de obra. En canto ao aspecto técnico, a concesionaria dispón dun operativo de vehículos e complementos específicos para realizar tarefas de retirada de neve e estendido de fundentes, así como de limpeza de cunetas e aplicación de rego asfáltico en todos os concellos que integran a zona 7.

A limpeza de cunetas tamén forma parte do contrato de mantemento das empresas concesionarias na rede viaria da Deputación. (Foto: COMFICA).


Entre as intervencións máis recentes para a mellora do firme, destacan o acondicionamento con aglomerado en quente en máis de 1.000 metros de vial ao longo do Concello de Samos, e tamén nunha extensión de 1.300 metros na estrada LU-P-5601, no término municipal de O Incio.•

A aplicación de aglomerado en quente favorece o bo mantemento do firme na ampla rede viaria provincial de Lugo. (Foto: COMFICA).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte renova a emblemática praza do Doutor Goyanes

Seguinte Nova

Os novos achados da escavación de Proendos converten a Sober nun emprazamento único na investigación sobre a Gallaecia romana

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss