O alcalde de Quiroga esixiu medidas máis restritivas ante o incremento de casos de covid-19 no municipio

•No día en que a cifra de contaxios subiu a 18, o rexedor reclamou un cribado masivo “extensivo tamén á poboación de Ribas de Sil”

Imaxe de arquivo da rúa Real, na que está situada a Casa do Concello de Quiroga. (Arquivo EC)

A mediados de xaneiro, a cifra de contaxios por covid-19 disparouse no municipio de Quiroga, o que provocou que o alcalde, Julio Álvarez, reclamara ás autoridades sanitarias “que tomen medidas para tentar parar este alarmante incremento de casos”. Álvarez propuxo incluso a realización dun cribado masivo á poboación de Quiroga, “que mesmo se debería facer extensivo a Ribas de Sil”. O rexedor quirogués planteou tamén “que nos apliquen todas as políticas restritivas de movilidade cidadá e o peche dos centros educativos”.
O ALCALDE OFRECEUSE COMO ENFERMEIRO QUE É PARA AXUDAR
Segundo informaron dende o Concello, o alcalde puxo á disposición das autoridades sanitarias “todos os medios e centros dispoñibles do concello”. Álvarez chegou a plantear a súa condición profesional de enfermeiro para axudar no que fixera falta.
Dende a Xunta comprometéronse a estudar as súas peticións, pero no tocante ao peche dos centros educativos, dende Sanidade afirmaron que dita decisión é competencia da Consellería de Educación.
Ademais, o alcalde pediu á cidadanía que se quedara na casa no posible. O Concello continuou coas tarefas de desinfección das rúas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Galicia está en nivel de restrición máxima durante tres semanas para frear a expansión dos contaxios por covid-19

Seguinte Nova

O Concello de Monforte renova a emblemática praza do Doutor Goyanes

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss