O Concello de Monforte renova a emblemática praza do Doutor Goyanes

• Coas obras, inténtase «devolver a este espazo o carácter de pequena praza» para que quede «totalmente diáfana e humanizada», segundo explicou o alcalde

Os traballos para eliminar barreiras e facer máis diáfana a Praza Doutor Goyanes comezaron o 18 de xaneiro. (Foto: PILI CHAOS)

No último tramo do mes de xaneiro, botaron a andar as obras de humanización da Praza Doutor Goyanes de Monforte, un proxecto do Concello «para devolverlle o carácter de pequena praza» que tivo dende a súa construción, no primeiro terzo do século XX. Vinculada ao edificio singular do Hotel Comercio, nesta praza conflúen seis das rúas máis comerciais do centro urbano: Comercio, Dr. Casares, o Malecón, a rúa das Hortas, a Ponte Vella, Armando Cotarelo e Abelardo Baanante.
A idea que busca o Concello con estas obras é eliminar as barreiras que ten agora a praza en forma de muretes e escaleiras, para recuperar a continuidade da rasante. Logo desta operación, procederase á renovación de todo o pavimento, e á humanización do espazo, mediante a colocación de árbores e bancos.

RESPECTO Á ZONA BIC DO CASCO HISTÓRICO
Como obxectivos desta intervención, o Concello quere mellorar as condicións de estancia nesta praza, de marcada natureza peonil e segundo o vixente código de accesibilidade. Tamén se pretende respectar o carácter BIC deste espazo dentro do casco histórico de Monforte, mediante o emprego de materiais construtivos acordes con este tipo de paisaxe urbana. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O alcalde de Quiroga esixiu medidas máis restritivas ante o incremento de casos de covid-19 no municipio

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo favorece a seguridade do tráfico durante todo o ano co mantemento da súa rede viaria

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss