2021 será «o ano da mellora do tren na provincia de Lugo» con diversas actuacións xa en marcha

• A subdelegada do Goberno en Lugo explicou que varios proxectos céntranse en potenciar o tráfico de mercadorías no corredor León- Monforte- Porto de Vigo

Imaxe da estación de Astorga na que, xunto ás de Brañuelas, Albares, Ponferrada, Quereño, Villamartín de Valdeorras e A Pobra do Brollón, vaise ampliar a 750 metros de vías de apartado. GPSDG

A subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, adiantou a mediados deste mes que «o Goberno cumpre con Lugo e 2021 será o ano da mellora do ferrocarril», en referencia a varios proxectos lanzados para a actualización e modernización dos diferentes trazados, con especial atención ao tráfico de mercadorías.
Rodríguez destacou que, no caso do Corredor Atlántico, a mediados de xaneiro Adif adxudicou en 2,2 millóns de euros o contrato para redactar proxectos de mellora de infraestrutura e vía no treito Covas-Monforte de Lemos, no traxecto Vigo-Ourense-Monforte-León.

ELIMINACIÓN DUN PASO A NIVEL NA POBRA DO BROLLÓN
Días despois, Adif anunciou a adxudicación dun novo contrato para a redacción de proxectos de ampliación a 750 metros de vías de apartado para os trens de mercadorías en varias estacións da liña de León a Monforte.
Segundo destacou a subdelegada do Goberno na provincia, entre estas actuacións figura a estación de A Pobra do Brollón, onde, ademais da ampliación da vía de apartado, tamén se prevé a eliminación dun paso a nivel. Este segundo contrato ascende a case 739.000 euros.

RECENTES LICITACIÓNS POR 192,2 MILLÓNS
Rodríguez salientou que «esta é unha das apostas do Goberno para a provincia de Lugo, que se completa cos traballos para mellorar as comunicacións por ferrocarril entre Lugo e Ourense, para as que se licitaron nas últimas semanas a execución de obras con un valor estimado de 192,2 millóns”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta completou os traballos de renovación do firme no corredor de Monforte

Seguinte Nova

A provincia de Lugo estrea ano cuns Orzamentos de 92,5 millóns de euros

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: